venres, 29 de maio de 2020

Novos estilos de vida, novos residuos.

Desde fai máis e 2 meses estamos vivindo unha situación que alterou a vida de todas as persoas, isto marcará un antes e un despois sin duda, no noso estilo de vida, por iso mesmo, temos que saber cómo xestionar os novos residuos que se atopan en pleno auge, máscaras, guantes, entre outros.

Agora que temos máis tempo para dedicarlle a todas esas cousas que retrasamos, estaría ben facer uso da conciencia ambiental e comezar a actuar para facer pequenos cambios no noso día a día, e sobre todo naquelas casas dónde viven nenos, xa que suelen adoptar comportamentos que ven no seu día a día.

Por outra banda, naqueles domicilios nos que residen persoas positivas en Covid-19, poden ter un dilema, que facer cos residuos que xeran? Pois ben, según as recomendacións do Ministerio de Sanidade, os residuos xerados no fogar, así como os guantes, máscaras, etc, teñen que ser depositados en unha bolsa sin realizar ningún tipo de reciclaxe. Esta bolsa deberá ser depositada no contedor de fracción resto, ou en calquer outro sistema de recollida establecido na entidade local  para optimizar a labor nas plantas de tratamento.

Con este novo estilo de vida no cal estamos, ou deberíamos estar, acompañados dos EPI's señalados, chega unha nova problemática para o noso medio ambiente, cando esta situación parecía darlle un respiro ao planeta, aparecen no mar infinidade de guantes e máscaras. 

No noso día a día non é raro atopar estos materiais tirados polas rúas, e isto non só é un foco de contaxio, tamén acaba coa natureza.

Agora máis que nunca temos que actuar.

ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS.

xoves, 21 de maio de 2020

AVANCES.

Esta semana rematamos o informe do proxecto, oficialmente. A tarefa que comezamos dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS no día de hoxe é comezar a realizar e montar o vídeo donde presentaremos o noso proxecto.

A continuación deixámosvos unha pequena pista do que poderedes ver nos próximos días.
 

Por outro lado, queremos facer un pequeno recordatorio; sabemos e somo conscientes da situación pola que estamos vivindo a causa do covid-19, son moitos días encerrados na casa, sin poder ter a liberdade que tiñamos e que nalgúns casos, non nos decatábamos dos pequenos praceres, a pesar de todo iso, temos que seguir loitando e ser partícipes na medida do posible para que esta situación se solvente canto antes. #NOSQUEDAMOSNACASA e esperamos que vos tamén.

xoves, 14 de maio de 2020

Actualización do informe do proxecto.

Actualmente o noso informe de proxecto final está practicamente rematado, estamos á espera de unha última revisión por si temos que efectuar algún cambio.
A tarefa de hoxe é a repartición dos diferentes puntos que vamos a expoñer no noso video. Debido á situación que estamos vivindo resulta complexo ter a oportunidade de expoñer ante o resto dos compañeiros e a profesora, por iso mesmo, a opción que temos é a elaboración de un video a modo de presentación dos resultados que obtivemos ao largo de este curso con relación a este proxecto no que tanto interés creemos que puxemos. 
Para esto, temos como data límite ata o 5 de xuño, a pesar de iso queremos rematar o antes posible para dispoñer de tempo suficiente por si temos que realizar algún tipo de modificación.
Por iso mesmo, esperemos que nos próximos días, ou para a próxima semana, poidamos dar cara a este proxecto e nos poidades coñecer mellor.

ELEPÉ ZERO PLÁSTICO. 

luns, 27 de abril de 2020

SEGUIMENTO DO PROXECTO, PRINCIPAIS IMPACTOS DO PLÁSTICO.

Profundizando no noso proxecto, quixemos expoñer un tema que nunca tocaramos anteriormente, o impacto real que ten o plástico, concretamente en tres ámbitos:
  • Impacto Ambiental
  • Impacto na Saúde
  • Impacto económico.
Impactos sobre o ambiente:
  • Contaminan o chan e a auga. No chan afectan as características da textura e poden transferir substancias tóxicas e metais pesados.
  • Na auga, cobren a superficie e afectan a transferencia do osíxeno que por difusión do medio aéreo ingresa á auga e, ademais, cobren a súa superficie diminuíndo o proceso de  fotosíntesis.
  • Conxestionan as vías fluviais e intensifican os desastres naturais.
  • Estímase que para o ano 2050, un 99% das aves mariñas haberán inxerido plásticos.
  • Perdas na estética da auga e chan.
Impactos na Saúde:
  • Obstrúen as redes de rede de sumidoiros e convértense en lugares de cría para mosquitos, elevando o risco de transmisión de malaria e similares.
  • Liberan substancias químicas tóxicas e emisións se son incinerados, especialmente  dioxinas e  furanos que son potentes axentes canceríxenos.
  • O poliestireno contén substancias químicas como o  estireno e o  benceno que son altamente tóxicas e canceríxenas. Se se inxere, dana o sistema nervioso, os pulmóns e o aparello reprodutor. As toxinas presentes nos  poliestirenos poden ingresar nos alimentos e as bebidas
  • Contaminación da cadea alimenticia.

Impactos económicos:
  • Causan perdas económicas nas industrias de turismo, pesca e transporte marítimo.
  • Altos custos de transporte ata as plantas centralizadas de plástico espumado lixeiro debido á dificultade de reciclalos nas plantas locais.
  • Custos futuros de limpeza de residuos plásticos acumulados no medio.
  • Obstrución de canles, sistemas de rega e rede de sumidoiros, xerando custos de limpeza e mantemento.
Descubre lo que una evaluación de impacto puede hacer por tu compañía

xoves, 16 de abril de 2020

EDUCACIÓN AMBIENTAL.

Para o noso proxecto, un dos términos máis importantes é a educación ambiental.
A educación ambiental é un proceso que nos permite indagar sobre temáticas ambientais, involucrarnos na resolución de problemas e tomar medidas para mellorar o medio ambiente. Como resultado, alcanzamos un entendemento máis profundo das temáticas ambientais.
Os compoñentes da educación ambiental son:
  • Conciencia e sensibilidade ante o ambiente e os desafíos ambientais.
  • Coñecemento e entendemento do ambiente e os desafíos ambientais.
  • Actitudes de preocupación polo ambiente e de motivación por mellorar ou manter a calidade ambiental.
  • Habilidades para identificar e contribuír a resolver os desafíos ambientais.
  • Participación en actividades que contribúan a resolver os desafíos ambientais.
De este termo e moitos outros como a sensibilización, falamos no noso informe de proxecto que con sorte, poderemos expoñer en clase, por ahora, #NOSQUEDAMOSNACASA.



martes, 7 de abril de 2020

AVANCES no informe do proxecto.

Como xa informamos anteriormente, a nosa tarefa este trimestre consiste na elaboración do informe e as actividades da nosa empresa, ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS.

A día de hoxe temos bastante avanzado, debatimos os temas que queríamos expoñer en él, buscamos a información que necesitamos e explicamos varios conceptos determinantes para a nosa función, como son por exemplo a educación ambiental, a sensibilización e a concenciación, que como xa sabedes, son fundamentais para a nosa empresa.

Seguiremos informando.

#NOSQUEDAMOSNACASA
Educación Ambiental – Museo de Educación Ambiental del ...

xoves, 26 de marzo de 2020

Informe do proxecto.

Tras o acontecido nas últimas semanas, as actividades prácticas que realizamos en ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS quedan totalmente paralizadas. A pesar de non poder seguir coa parte práctica, vamos a comezar a realizar o informe.
En dito informe quedará recollido dende o comezo ata a actualidade do noso proxecto, iremos publicando os avances que vamos levando a cabo.
Recordade, #NOSQUEDAMOSNACASA
Resultado de imagen de PLASTICO TU,BLR

martes, 24 de marzo de 2020

#NOSQUEDAMOSNACASA


MANUALIDADES.

Tras o estado de alarma que estamos sufrindo pola pandemia causada polo Covid-19 queremos compartivos un video que vai direxido sobre todo para os peques da casa.
Dito video consiste en unhas  manualidades moi fáciles de elaborar con materiais plásticos que podemos ter pola casa. Sabemos que estar encerrados na casa día sí e día tamén pode minar os ánimos a calquera e canto máis entretidos esteamos, mellor.


Por outra parte, dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICO creemos convinte concienciar sobre a importancia e a gravidade do asunto, por iso mesmo, cada un de nos temos que sumarnos á responsabilidade para que esta situación remate o antes posible, #NOSQUEDAMOSNACASA.

Resultado de imagen de covid 19

xoves, 12 de marzo de 2020

DESCOMPOSICIÓN DE UN BIOPLÁSTICO.

A biodegradación é  a capacidade dun material de ser  biodegradado, é un proceso natural no que un material por acción biolóxica, cambia e en xeral perde as súas propiedades orixinais e a nivel químico as moléculas que o conforma convértense en formas máis simples e estables.
Dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS fixemos a proba a semana pasada sobre canto tardaban os bioplásticos que creamos en auga, o resultado que obtivemos foi un tempo de 20 minutos aproximadamente tanto en auga quente como a temperatura ambiental. Entonces, o balance final é positivo.


Resultado de imagen de biodegradacion

xoves, 5 de marzo de 2020

CHARLA NO CPI PROGRESO DE CATOIRA.


O pasado venres, día 28 de febreiro estivemos cos nenos e nenas de cuarto de primaria do CPI Progreso de Catoira. Relizamos unha pequena presentación sobre os plásticos e os bioplásticos ( a presentación está colgada na anterior entrada). Dividimos a clase en dous grupos e cada un deles elaborou o seu propio bioplástico. 

Agradecer ao CPI e aos nenos e nenas de cuarto pola súa colaboración e o bo trato recibido. 




xoves, 27 de febreiro de 2020

PRESENTACIÓN CHARLA 28/02/2020

Mañá realizaremos a nosa primeira charla no CPI Progreso de Catoira para os alumnos de 4º de primaria. A continuación enseñámosvos a presentación que vamos a empregar.

xoves, 13 de febreiro de 2020

RESULTADO DA ACTIVIDADE ''CREACIÓN DE BIOPLÁSTICO''

O resultado que obtivemos na actividade da semana pasado foi o seguinte. A textura é moi parecida a unha silicona fina, moi maleable a pesar de que a causa da finura pode romper con facilidade.
 
 


xoves, 6 de febreiro de 2020

FABRICACIÓN DE BIOPLÁSTICOS.

 A actividade que fixemos o día de hoxe en ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS trátase da creación que vos anunciamos a semana pasada, bioplásticos.
Colorantes de cociña, culler e espátula.
Maizena, vinagre e auga destilada
Unha vez mezclados todos os ingredientes nun vaso de precipitados e remover coa axuda dunha variña de cristal, dividimos a masa resultante en dous vasos de precipitados e adicionamos colorante (unhas gotas). A continuación, como se amosa na seguinte foto, colocamos os vasos a quentar na placa calefactora ata que se forme unha masa espesa.

Masa en placa calefactora.

 O seguinte paso consistiu en expandir nunha base de cristal a masa.


Masa expandida.
Deixamos secar unha semana. O resultado terémolo próximamente no blog e demais redes sociais.



xoves, 30 de xaneiro de 2020

ELABORACIÓN DE UN BIOPOLÍMERO.

Dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICO, deixámosvos un adianto da que será a nosa seguinte práctica que realizaremos a vindeira semana. Consiste na elaboración de biopláastico, estes son un tipo de plástico derivados de produtos vexetais. Unha das diferencias cos plásticos tradicionais é que estos últimos están compostos por un polímero chamado polietileno.


Resultado de imagen de bioplasticos


Para a elaboración precisamos os seguintes materiais:
  • Culler
  • Vaso de precipitados
  • Variña de vidro
  • Cristalizador
  • Placa para quentar
Por outra banda, os productos son os seguintes:
  • Maizena
  • Glicerina
  • Vinagre
  • Colorante
  • Auga
O proceso que seguiremos consiste en coller dúas culleradas de maizena e botalas nun vaso de precipitados. Engadimos unha cullerada de vinagre enriba da fariña e axitar cunha variña de vidro.
Adicionamos agora unha cullerada de glicerina e remóvese coa variña de vidro. A
glicerina actúa como lubricante a nivel molecular para que o plástico sexa maleable:
canto mais maleable queiramos que sexa, mais glicerina se debe engadir.
Engadimos oito culleradas de auga destilada e continuar removendo a mestura.
Agregamos unhas gotas de colorante para darlle a cor desexada ó noso bioplástico.
Quéntase a mestura nunha placa para quentar ata que empece a espesar e bótase,
extendéndoa, no cristalizador.
Esperar a que arrefríe.

Mostrarémosvos o resulta na vindeira semana!

venres, 24 de xaneiro de 2020

BOLSAS BIODEGRADABLES


Según o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA), “cada ano, hai entre 10 e 20 millóns de toneladas de residuos plásticos (nos océanos), que constitúen unha gran ameaza para a vida mariña”.
Como proposta a esta problemática a empresa indonesia Avani Eco Bags presentou unha enxeñosa solución. Trátase dunhas bolsas feitas con fibras vexetais de yuca e resina natural. Serven como abono, son biodegradables e non son tóxicas. Ademais, descompóñense en cuestión de meses pero se se mergullan en auga quente a máis de 80 graos centígrados, disólvense rapidamente, converténdose de maneira natural en CO2, auga e biomasa.
Incluso os insectos e outros animais terrestres e acuáticos poden alimentarse das bolsas sen correr ningún tipo de risco. Outras bolsas biodegradables só descompóñense grazas a unha compostaxe industrial, mentres que estas non necesitan un tratamento especial.




xoves, 16 de xaneiro de 2020

A VIDA DE UNHA CUCHARA

Dende ELPÉ ZERO PLÁSTICOS, queremos compartirvos este video realizado polo grupo ecolóxico Greenpeace dónde se relata de maneira moi sinxela todo o que custa crear unha simple cucharilla de plástico, para concienciar a todas aquelas persoas que o uso de obxetos de usar e tirar non debería ser a nosa primeira opción.







xoves, 9 de xaneiro de 2020

RESULTADOS ENQUISA

No comezo de este proxecto decidimos realizar unha enquisa que se publicou na páxido do centro, CIFP Politécnico de Santiago.
Imagen relacionada


Os resultados obtidos polas 86 persoas que partiparon foron os seguintes.

 1. Sabes canto tarda, de media, en degradarse unha botella de plástico?
  1. 20 anos
  2. 120 anos
  3. 700 anos
O 48'8 % marcaron a resporta correcta.

2.  Sabes a que contedor deberías tirar as latas?
  1. Amarelo
  2. Verde
  3. Azul
O 93'02% marcaron a resposta correcta.

3. As baterías, Os teléfonos móbiles, ordenadores e outros electrodomésticos ou aparatos electrónicos, teñen entre os seus compoñentes elementos altamente contaminantes como o litio e outros metais pesados. Sabes onde debes depositalos cando xa non serven?
  1. No contedor gris
  2. Nun punto limpo
  3. No contedor de desfeitos xerais
O 90'69% marcaron a resposta correcta

4. Sabes cal destes obxectos non deben tirarse no contedor do vidrio?

  1. Un vaso
  2. Unha bombilla
  3. Ambos
O 34'88% marcaron a resposta correcta.

5. Estás dacordo con que os supermercados e outros comercios cobren a bolsa de plástico?
  1. Si
  2. Non.
O 87'20% marcaron de resposta SÍ e o 12'79% que NO.

6. Os plástico considéranse:
  1. Polímeros
  2. Elastómeros
  3. Termoplásticos
O 86% macaron a resposta correcta.

7.  Cal é o compoñente principal do plástico?
  1. Carbono
  2. Petróleo
  3. Mercurio
Só o 30'23 %marcaron a resposta correcta

8. Na loita contra a contaminación por plásticos, cres que é suficiente limitar o uso de plásticos dun solo uso para 2021?
  1. Non, necesítanse accións máis duras e rápidas
  2. Sí, é un paso moi importante e suficiente
  3. Debería ser máis dura a loita contra o plástico, pero é un primeiro paso importante
O 59'30% cren que debería ser máis dura a loita, o 6'97 cren que é un paso moi importante e o 33'72% cren que non, que se necesitan accións máis duras e rápidas

9. Segundo un estudo realizado, atopamos fragmentos de plástico en peixes, crustáceos, aves e ata no aire que respiramos. Sabes cantos microplásticos, de media, pode inxerir o noso corpo durante un ano?
  1. 50.000 microplásticos
  2. 70.000 microplásticos
  3. 84.000 microplásticos
Só o 22'09% marcou a resposta correcta.

10. Cres que os partidos políticos teñen en xeral, conciencia medioambiental?
  1. Si
  2. Non
O 4'6% marcou SI e o 95'6% marcou que NON.

11. Sabes que compoñentes tóxicos forman as botellas plásticas?
  1. Si
  2. Non
O 63'95% descoñecen os compoñentes que conforman os plásticos mentras que un 36'05 marcaron que sí son coñecedores.

12. Que é o BPA (bisfenol A)?
  1. Un producto químico que se emprega na degradación de plásticos
  2. É unha característica do plástico
  3. Un producto químico industrial que se emprega na fabricación de algúns plásticos
O 97'67% marcaron a resposta correcta.

13. Separas adecuadamente o lixo que xera na túa casa)
  1. Si
  2. Non
O 24'42% dos parcticipantes non recicla, fronte a un  75'58 % que macou SÍ como resposta.

14. En xeral cales dos seguintes motivos  vos levan a non clasificar o lixo xerado na casa?
      a. Resulta confuso saber o que vai en cada contedor
      b. Si reciclo
c. Falta de costume
d. Pereza
O 63'95 % recicla, o 11'63% non o fai por pereza, o 20'93% non o fai por falta de costume e ao 3'49% resúltalle confuso saber o quevai en cada contedor.

15. Consideras que a adopción de medidas en canto á protección do medio ambiente, ten que ser…
  1. Inmediata
  2. A medio prazo
  3. A curto prazo
O 95'35% marcou  inmediata como resposta, o 1'16%  a curto prazo e finalmente, un 3'49% marcou a medio prazo.

Moitas grazas a todas aquelas persoas que invertiron uns minutos en realizar esta enquisa.

ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS.