venres, 29 de maio de 2020

Novos estilos de vida, novos residuos.

Desde fai máis e 2 meses estamos vivindo unha situación que alterou a vida de todas as persoas, isto marcará un antes e un despois sin duda, no noso estilo de vida, por iso mesmo, temos que saber cómo xestionar os novos residuos que se atopan en pleno auge, máscaras, guantes, entre outros.

Agora que temos máis tempo para dedicarlle a todas esas cousas que retrasamos, estaría ben facer uso da conciencia ambiental e comezar a actuar para facer pequenos cambios no noso día a día, e sobre todo naquelas casas dónde viven nenos, xa que suelen adoptar comportamentos que ven no seu día a día.

Por outra banda, naqueles domicilios nos que residen persoas positivas en Covid-19, poden ter un dilema, que facer cos residuos que xeran? Pois ben, según as recomendacións do Ministerio de Sanidade, os residuos xerados no fogar, así como os guantes, máscaras, etc, teñen que ser depositados en unha bolsa sin realizar ningún tipo de reciclaxe. Esta bolsa deberá ser depositada no contedor de fracción resto, ou en calquer outro sistema de recollida establecido na entidade local  para optimizar a labor nas plantas de tratamento.

Con este novo estilo de vida no cal estamos, ou deberíamos estar, acompañados dos EPI's señalados, chega unha nova problemática para o noso medio ambiente, cando esta situación parecía darlle un respiro ao planeta, aparecen no mar infinidade de guantes e máscaras. 

No noso día a día non é raro atopar estos materiais tirados polas rúas, e isto non só é un foco de contaxio, tamén acaba coa natureza.

Agora máis que nunca temos que actuar.

ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario