xoves, 30 de xaneiro de 2020

ELABORACIÓN DE UN BIOPOLÍMERO.

Dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICO, deixámosvos un adianto da que será a nosa seguinte práctica que realizaremos a vindeira semana. Consiste na elaboración de biopláastico, estes son un tipo de plástico derivados de produtos vexetais. Unha das diferencias cos plásticos tradicionais é que estos últimos están compostos por un polímero chamado polietileno.


Resultado de imagen de bioplasticos


Para a elaboración precisamos os seguintes materiais:
  • Culler
  • Vaso de precipitados
  • Variña de vidro
  • Cristalizador
  • Placa para quentar
Por outra banda, os productos son os seguintes:
  • Maizena
  • Glicerina
  • Vinagre
  • Colorante
  • Auga
O proceso que seguiremos consiste en coller dúas culleradas de maizena e botalas nun vaso de precipitados. Engadimos unha cullerada de vinagre enriba da fariña e axitar cunha variña de vidro.
Adicionamos agora unha cullerada de glicerina e remóvese coa variña de vidro. A
glicerina actúa como lubricante a nivel molecular para que o plástico sexa maleable:
canto mais maleable queiramos que sexa, mais glicerina se debe engadir.
Engadimos oito culleradas de auga destilada e continuar removendo a mestura.
Agregamos unhas gotas de colorante para darlle a cor desexada ó noso bioplástico.
Quéntase a mestura nunha placa para quentar ata que empece a espesar e bótase,
extendéndoa, no cristalizador.
Esperar a que arrefríe.

Mostrarémosvos o resulta na vindeira semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario