xoves, 6 de febreiro de 2020

FABRICACIÓN DE BIOPLÁSTICOS.

 A actividade que fixemos o día de hoxe en ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS trátase da creación que vos anunciamos a semana pasada, bioplásticos.
Colorantes de cociña, culler e espátula.
Maizena, vinagre e auga destilada
Unha vez mezclados todos os ingredientes nun vaso de precipitados e remover coa axuda dunha variña de cristal, dividimos a masa resultante en dous vasos de precipitados e adicionamos colorante (unhas gotas). A continuación, como se amosa na seguinte foto, colocamos os vasos a quentar na placa calefactora ata que se forme unha masa espesa.

Masa en placa calefactora.

 O seguinte paso consistiu en expandir nunha base de cristal a masa.


Masa expandida.
Deixamos secar unha semana. O resultado terémolo próximamente no blog e demais redes sociais.



Ningún comentario:

Publicar un comentario