xoves, 5 de decembro de 2019
xoves, 28 de novembro de 2019
FLYER
Dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS faremos unha pequena presentación o próximo xoves, día 5 de decembro, no CIFP Politécnico de Santiago para os nosos compañeiros. Tal día repartiremos os flyers do noso proxecto.
RECORDA: MENOS PLÁSTICOS, MÁIS VIDA.
sábado, 2 de novembro de 2019
COÑECES O PLÁSTICO REALMENTE? INFORMACIÓN SOBRE O BPA.
BPA, son as siglas que fan referencia ao bisfenol A, dende ELEPÉ, queremos contarvos a información que obtuvemos sobre este tema para concienciar, cómo algo tan simple, realmente nos pode chegar a afectar no noso día a día.
O BPA é un producto químico industrial que se emprega para a fabricación de algúns plásticos dende a década de 1960. Atópase en plásticos de policarbonato e resinas epoxi.
Este tipo de plásticos empréganse a miúdo en recipientes que almacenan comida alimentos e bebidas, como por exeplo, as botellas de auga.
As resinas epoxi utilízanse para recubrir o interior de produtos metálicos, como latas de comida, tapas de botellas e condutos de subministración de auga. Algúns selladores dentais e compostos tamén poden conter BPA. Investigacións demostraron que o BPA pode filtrarse nos alimentos ou nas bebidas dos envases que se fabrican con BPA. A exposición ao BPA é unha preocupación debido aos posibles efectos do BPA sobre a saúde do cerebro e a próstata de fetos, bebés e nenos. Tamén pode afectar o comportamento dos nenos.
Máis do 90% de nós temos BPA nos nosos corpos, A migración de BPA aos alimentos depende de multitude de factores. Entre eles:
Entre os efectos adversos cabe destacar:
![Resultado de imagen de bpa](https://www.conasi.eu/blog/wp-content/uploads/2014/09/bisfenol_A.jpg)
Este tipo de plásticos empréganse a miúdo en recipientes que almacenan comida alimentos e bebidas, como por exeplo, as botellas de auga.
As resinas epoxi utilízanse para recubrir o interior de produtos metálicos, como latas de comida, tapas de botellas e condutos de subministración de auga. Algúns selladores dentais e compostos tamén poden conter BPA. Investigacións demostraron que o BPA pode filtrarse nos alimentos ou nas bebidas dos envases que se fabrican con BPA. A exposición ao BPA é unha preocupación debido aos posibles efectos do BPA sobre a saúde do cerebro e a próstata de fetos, bebés e nenos. Tamén pode afectar o comportamento dos nenos.
Máis do 90% de nós temos BPA nos nosos corpos, A migración de BPA aos alimentos depende de multitude de factores. Entre eles:
- O tipo de plástico
- O tempo de contacto (a maior tempo, maior migración)
- A temperatura (a maior temperatura, maior migración)
- O pH (a migración é maior en bebidas carbonatadas e alimentos acedos como a salsa de tomate ou zumes de cítricos ou sexa, de pH < 7)
- A degradación do plástico
- O tipo de alimento
Entre os efectos adversos cabe destacar:
- Cambios no comportamento. Hiperactividade, agresividade
- Diabetes e obesidade
- Puberdade anticipada
- Redución da cantidade de esperma
- Cancro de próstata
- Cancro de mama
- Dano cerebral
- Deterioración da función inmune
- Diminución dos niveis de antioxidantes encimáticos
Segundo a normativa actualmente vixente, o uso do BPA non está prohibido, e descoñécese o límite exacto da súa toxicidade.
A continuación, compartimos un vídeo subido a Youtube por John Galeon con moita máis información sobre esta problemática MOI POUCO VISIBLE.
Unha das cousas que podemos facer é comprar productos que sexa BPA free, isto significa que a elaboración de dito producto está libre de Bisfenol A, polo que o risco é inexistente. Este tipo de productos son totalmente recoñecibles grazas os diferntes logos que podemos atopar.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiBvSBqhHwm5fFnwcydCU4VnkesEK-TwDlMLx3tPZqiINriJa9Bf03IUk8msNdS3Tfy7MyzXhGHxu-CdK_GRyWgyZKXHP63igrJg7Be4g6SUeG2NKPPVAdbtLF17QzbrjSn-K6KPFnMh0l0/s200/BPA_logo.jpg)
A continuación, compartimos un vídeo subido a Youtube por John Galeon con moita máis información sobre esta problemática MOI POUCO VISIBLE.
Unha das cousas que podemos facer é comprar productos que sexa BPA free, isto significa que a elaboración de dito producto está libre de Bisfenol A, polo que o risco é inexistente. Este tipo de productos son totalmente recoñecibles grazas os diferntes logos que podemos atopar.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiAEfRu7YC9opT4IwNqy5D1rXZ10NR8bL20deo-N7ocjKsqdTwHkqZHatrTgh1XdL_8Wy3GxN7WeNiJelgEiiG3-bvA6XZTJBkQbJAayxSm-_CDTakzZ7JSI4GPxCAElbMCvzB9rmlsweNg/s200/bpa-bisfenol-ftalatos-etiquetas-establecidas_1017-19662.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiBvSBqhHwm5fFnwcydCU4VnkesEK-TwDlMLx3tPZqiINriJa9Bf03IUk8msNdS3Tfy7MyzXhGHxu-CdK_GRyWgyZKXHP63igrJg7Be4g6SUeG2NKPPVAdbtLF17QzbrjSn-K6KPFnMh0l0/s200/BPA_logo.jpg)
Pero, a opción más intelixente é decir NON aos plásticos.
![Imagen relacionada](https://img.interempresas.net/fotos/2037841.jpeg)
xoves, 24 de outubro de 2019
COPA MENSTRUAL
Probablemente non sexa a primeira vez que escoites falar da copa menstrual, un concepto que, aínda a día de hoxe, esconde tabúes.
Pero algunhas marcas teñen outras tallas aínda máis pequenas para mulleres que non tiveron relacións e que sexa máis fácil poder introducila e extraela sen romper o himen. Estas recomendacións de tallas son moi xerais, pero poden cambiar segundo a anatomía de cada muller.
Cabe mencionar, que non somos sexólogas, polo que a información que acompañamos a continuación, intentaremos que sexa o máis completa para un primeiro contacto, pero sobre todo, fiable.
Quizais te preguntes o porqué, de que un blog sobre a concienciación de plásticos, e consigo, do medio ambiente, aborde este tipo de temas, pois SÍ, todo ten a súa explicación.
Realmente coñeces todo sobre a copa menstrual?
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgP0Q_R6w07gMudTgkiVdJg_WLxTem2b-0xGx8IaCaZUlFgc-D-4DfW3njAxu9ibTgg1uUWrzE1KHfYLQxSPFaExjKpO7HzDIZ_xFWE83PuHUvv4bz7_sxN9PoCZu4uULxe5E0bdzVXlhZY/s200/tampax-copa.jpg)
Realmente coñeces todo sobre a copa menstrual?
A copa menstrual é un recipiente que se introduce na vulva durante a menstruación para depositar o fluxo menstrual.
A primeira diferencia cos tampóns ou compresas é que o sangue non se absorve, queda depositada dentro da copa ata que se extrae e refúgase o líquido.
Para empezar a falar das ventaxas da copa, deberíamos saber os inconvintes dos tampóns, que, na maioría das persoas que os empregan habitualmente, non coñecen.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhc9oPJ8ECke2chtiu9o_xk-LBQuZcW2_Xe1p__S0muSPstmsOW-dN8Okg-OpSgmYNjmssrVH8AZujWcUT8BhsKnnwiFGkncwWqO36vAafkGlu2dl5W4KYSIA9uBgXASPBHHbN6fUMB-jXJ/s200/tampax-copa-2.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgP0Q_R6w07gMudTgkiVdJg_WLxTem2b-0xGx8IaCaZUlFgc-D-4DfW3njAxu9ibTgg1uUWrzE1KHfYLQxSPFaExjKpO7HzDIZ_xFWE83PuHUvv4bz7_sxN9PoCZu4uULxe5E0bdzVXlhZY/s200/tampax-copa.jpg)
O tampón está elaborado a base de algodón e fibras sintéticas. A mucosa da vaxina, que está permanentemente húmida, pode absorber residuos desas substancias que queden no interior do conduto. Esta acumulación pode ocasionar serios danos.
Ademais,o blanqueamento do algodón co que se elaboran algúns tampóns utilizan substancias químicas como as dioxinas. Estas substancias foron asociadas co risco de cancro e outros padecimentos da saúde.
As mulleres con tendencia a sufrir infeccións do trato urinario non deben utilizar tampóns, xa que aumentan os riscos de repetir os episodios de infección. Aquelas que recibiron tratamento tópico na zona íntima tampouco deben usalos.
Coñecendo unha pequena parte dos problemas que nos poden ocasionar, é hora de investigar os beneficios do cambio.
O MATERIAL EMPREGADO
- Silicona: é unha silicona especial como a que se utiliza nalgunhas cirurxías e por tanto absolutamente seguro e compatible co corpo humano. É o material máis utilizado nas copas menstruais xa que é suave e á vez firme e sen cambiar segundo a temperatura. Ademais, é moi pouco alerxénica polo que as reaccións a esta silicona son moi raras.
- Látex: é un material ecolóxico, elástico e suave, que se adapta moi ben. Non deixa pasar aire nin humidade. O problema é que algunhas persoas teñen reaccións alérxicas ao látex que poden ir desde un pouco de irritación na zona en contacto co látex a shock anafiláctico, que é moi grave e pon en perigo a vida da persoa.
- Plástico cirúrxico ou TPE: é un material reciclable que se utiliza en material médico como catéteres, ou ben en utensilios como tetinas de biberóns, chupetes… Produce moi poucas reaccións alérxicas.
TAMAÑO
Polo xeral, existen 2 tamaños, a pequena para as mulleres menores de 30 anos e que non desen a luz vaxinalmente (xa que a súa vaxina adoita ser algo máis estreita) e a talla grande para mulleres maiores de 30 anos ou ben con partos vaxinais.
MODO DE EMPLEO
SOSTIBLE CO MEDIO AMBIENTE (E CO TEU BOLSILLO)
A diferenza dos tampóns, a copa menstrual non contén cloro, pegamentos ou perfumes sintéticos.
Ademais, evitarás durante anos tirar tampóns ou compresas polo inodoro, polo que non contribuirás á contaminación dos mares nin a degradación do medio ambiente.
Tamén significa a redución de residuos plásticos que conteñen individualmente.
Por outro lado, tamén sería un aforro, xa que de media, podemos gastar cada 2 meses unha media de 6€, aproximadamente, isto xa depende da marca e as necesidades de cada persoa. Mentres que en unha copa, costa ao redor de 30€, aínda que se poden atopar dende 10€, e ten unha duración máxima de 10 anos sempre e cando se cuide de forma axeitada.
MÉTODOS PARA REDUCIR PLÁSTICOS DE UN SÓ USO
Dende ELEPÉ, queremos aportar algunhas ideas que podedes adoptar. Esperamos que sexan útiles e as poñades en marcha no voso día a día.
- Empregar bolsas de tea en vez de bolsas de plástico, ademáis, existen modelos diferentes en canto a diseño e tamaño que podedes elexir en canto as vosas necesidades.
- Botellas de aceiro inoxidable en vez de plástico, a pesar de reutilizar unha mesma botella de plastico para varios usos, é moito máis recomendable facer unha inversión en unha de aceiro inoxidable xa que a calidade non varía en anos e a longo prazo supón un aforro económico.
- Usar redes de tea para froitas e verduras.
- NON UTILIZAR palliñas, e en caso de facelo que sexan de bambú ou aceiro inoxidable entre outros.
- Pásate a copa menstrual. Isto supón unha pequena inversión ao principio xa que os precios poden variar tanto a 10 € como a 30€ pero é un aforro mes ames, xa que ten unha duración que, cos seus respectivos cuidados, pode chegar ata os 10 anos.
- Para aquelas persoas adictas ao café, existen capsulas reutilizables xa que as convencionais non son reciclables.
- Reutiliza envases de vidrio para gardar productos a granel.
- Emprega utensilios de madeira ou aceiro inoxidable
- Di SÍ aos pañales de tea, é unha boa idea incluso no aforro económico.
Proximamente aportaremos máis ideas. Esperamos que vos sexan útiles.
xoves, 10 de outubro de 2019
DIRECTIVA (UE) 2019/904
DIRECTIVA (UE) 2019/904 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLOde 5 de xuño de 2019relativa á redución do impacto de determinados produtos de plástico no medio ambiente.
Esta directiva expón que a causa do coste relativamente baixo do plástico e a súa elevada funcionalidade fan que este material sexa cada vez máis omnipresente na vida cotiá. É cerrto que plástico desempeña una papel útil na economía e proporciona aplicacións esenciais en numerosos sectores, o seu uso aumenta en aplicacións efímeras quenon están diseñadas para ser reutilizadas ou recicladas de maneira económicamente eficiente.
A presente Directiva fomenta os planteamientos circulares que dan prioridade aos productos reutilizables,
sostibles e non tóxicos e aos sistemas de reutilización frente aos produtos de un único uso, co obxectivo
primordial de reducir a cantidade de residuos xerados.
xoves, 3 de outubro de 2019
SERÁ SUFICIENTE?
Actualemente contamos cunha proposición de lei do 29 de xuño do 2018 en relación a reducción dos plásticos de un solo uso.
O obxecto de esta lei e o desenrolo de unha estratexia para a reducción dos residuos plásticos de un solo uso e a ordenación dun novo réximen de prevención na produción e xestión dos mismos, co fin de alcanzar unha maior calidade do medio ambiente e unha maior protección da saúde humana e alcanzar os obxectivos da economía circular e o cambio climático.
A Lei mencionada ten como fin:
- Conseguir una redución en orixe da cantidade de plásticos de un so uso que se poñen no mercado.
- Garantizar que os residuos plásticos se xestionen sin poñer en perigo o medio ambiente e a saúde humana, mellorando a calidade de vida da cidadanía.
- Incentivar a redución na xeración de residuos plásticos e o seu aproveitamento mediante a reutilización e o reciclado.
- Conseguir, antes do ano 2030, un 100% de residuos plásticos reciclados e reutilizables.
Hoxe por hoxe, existe un real decreto 293/2018, do 18 de maio, sobre redución do consumo de bolsasde plástico e polo que se crea o Rexistro de Produtores. O seu obxetivo é:
"adoptar medidas para reducir o consumo de
bolsas de plástico coa finalidade de previr e reducir os impactos adversos que os residuos
xerados polas ditas bolsas de plástico producen no ambiente, con especial atención ao
dano ocasionado aos ecosistemas acuáticos, e en determinadas actividades económicas,
como a pesca ou o turismo, entre outras. Así mesmo, ten por obxecto evitar a perda de
recursos materiais e económicos que supón o abandono das bolsas de plástico e a súa
dispersión no ambiente."
PRESENTACIÓN.
Concienciar, sensibilizar, informar e actuar.
Somos ELEPÉ, unha empresa encargada de loitar contra unha das problemáticas que máis afectan ao noso planeta: o plástico.
Proximamente atoparedes tanto información das últimas noticias, como ideas, campañas e outras novidades.
Podedes atoparnos en Instagram como @elepezeroplasticos.
Somos ELEPÉ, unha empresa encargada de loitar contra unha das problemáticas que máis afectan ao noso planeta: o plástico.
Proximamente atoparedes tanto información das últimas noticias, como ideas, campañas e outras novidades.
Podedes atoparnos en Instagram como @elepezeroplasticos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)