Este tipo de plásticos empréganse a miúdo en recipientes que almacenan comida alimentos e bebidas, como por exeplo, as botellas de auga.
As resinas epoxi utilízanse para recubrir o interior de produtos metálicos, como latas de comida, tapas de botellas e condutos de subministración de auga. Algúns selladores dentais e compostos tamén poden conter BPA. Investigacións demostraron que o BPA pode filtrarse nos alimentos ou nas bebidas dos envases que se fabrican con BPA. A exposición ao BPA é unha preocupación debido aos posibles efectos do BPA sobre a saúde do cerebro e a próstata de fetos, bebés e nenos. Tamén pode afectar o comportamento dos nenos.
Máis do 90% de nós temos BPA nos nosos corpos, A migración de BPA aos alimentos depende de multitude de factores. Entre eles:
- O tipo de plástico
- O tempo de contacto (a maior tempo, maior migración)
- A temperatura (a maior temperatura, maior migración)
- O pH (a migración é maior en bebidas carbonatadas e alimentos acedos como a salsa de tomate ou zumes de cítricos ou sexa, de pH < 7)
- A degradación do plástico
- O tipo de alimento
Entre os efectos adversos cabe destacar:
- Cambios no comportamento. Hiperactividade, agresividade
- Diabetes e obesidade
- Puberdade anticipada
- Redución da cantidade de esperma
- Cancro de próstata
- Cancro de mama
- Dano cerebral
- Deterioración da función inmune
- Diminución dos niveis de antioxidantes encimáticos
Segundo a normativa actualmente vixente, o uso do BPA non está prohibido, e descoñécese o límite exacto da súa toxicidade.
A continuación, compartimos un vídeo subido a Youtube por John Galeon con moita máis información sobre esta problemática MOI POUCO VISIBLE.
Unha das cousas que podemos facer é comprar productos que sexa BPA free, isto significa que a elaboración de dito producto está libre de Bisfenol A, polo que o risco é inexistente. Este tipo de productos son totalmente recoñecibles grazas os diferntes logos que podemos atopar.

Pero, a opción más intelixente é decir NON aos plásticos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario