- Empregar bolsas de tea en vez de bolsas de plástico, ademáis, existen modelos diferentes en canto a diseño e tamaño que podedes elexir en canto as vosas necesidades.
- Botellas de aceiro inoxidable en vez de plástico, a pesar de reutilizar unha mesma botella de plastico para varios usos, é moito máis recomendable facer unha inversión en unha de aceiro inoxidable xa que a calidade non varía en anos e a longo prazo supón un aforro económico.
- Usar redes de tea para froitas e verduras.
- NON UTILIZAR palliñas, e en caso de facelo que sexan de bambú ou aceiro inoxidable entre outros.
- Pásate a copa menstrual. Isto supón unha pequena inversión ao principio xa que os precios poden variar tanto a 10 € como a 30€ pero é un aforro mes ames, xa que ten unha duración que, cos seus respectivos cuidados, pode chegar ata os 10 anos.
- Para aquelas persoas adictas ao café, existen capsulas reutilizables xa que as convencionais non son reciclables.
- Reutiliza envases de vidrio para gardar productos a granel.
- Emprega utensilios de madeira ou aceiro inoxidable
- Di SÍ aos pañales de tea, é unha boa idea incluso no aforro económico.
Proximamente aportaremos máis ideas. Esperamos que vos sexan útiles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario