venres, 29 de maio de 2020

Novos estilos de vida, novos residuos.

Desde fai máis e 2 meses estamos vivindo unha situación que alterou a vida de todas as persoas, isto marcará un antes e un despois sin duda, no noso estilo de vida, por iso mesmo, temos que saber cómo xestionar os novos residuos que se atopan en pleno auge, máscaras, guantes, entre outros.

Agora que temos máis tempo para dedicarlle a todas esas cousas que retrasamos, estaría ben facer uso da conciencia ambiental e comezar a actuar para facer pequenos cambios no noso día a día, e sobre todo naquelas casas dónde viven nenos, xa que suelen adoptar comportamentos que ven no seu día a día.

Por outra banda, naqueles domicilios nos que residen persoas positivas en Covid-19, poden ter un dilema, que facer cos residuos que xeran? Pois ben, según as recomendacións do Ministerio de Sanidade, os residuos xerados no fogar, así como os guantes, máscaras, etc, teñen que ser depositados en unha bolsa sin realizar ningún tipo de reciclaxe. Esta bolsa deberá ser depositada no contedor de fracción resto, ou en calquer outro sistema de recollida establecido na entidade local  para optimizar a labor nas plantas de tratamento.

Con este novo estilo de vida no cal estamos, ou deberíamos estar, acompañados dos EPI's señalados, chega unha nova problemática para o noso medio ambiente, cando esta situación parecía darlle un respiro ao planeta, aparecen no mar infinidade de guantes e máscaras. 

No noso día a día non é raro atopar estos materiais tirados polas rúas, e isto non só é un foco de contaxio, tamén acaba coa natureza.

Agora máis que nunca temos que actuar.

ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS.

xoves, 21 de maio de 2020

AVANCES.

Esta semana rematamos o informe do proxecto, oficialmente. A tarefa que comezamos dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS no día de hoxe é comezar a realizar e montar o vídeo donde presentaremos o noso proxecto.

A continuación deixámosvos unha pequena pista do que poderedes ver nos próximos días.
 

Por outro lado, queremos facer un pequeno recordatorio; sabemos e somo conscientes da situación pola que estamos vivindo a causa do covid-19, son moitos días encerrados na casa, sin poder ter a liberdade que tiñamos e que nalgúns casos, non nos decatábamos dos pequenos praceres, a pesar de todo iso, temos que seguir loitando e ser partícipes na medida do posible para que esta situación se solvente canto antes. #NOSQUEDAMOSNACASA e esperamos que vos tamén.

xoves, 14 de maio de 2020

Actualización do informe do proxecto.

Actualmente o noso informe de proxecto final está practicamente rematado, estamos á espera de unha última revisión por si temos que efectuar algún cambio.
A tarefa de hoxe é a repartición dos diferentes puntos que vamos a expoñer no noso video. Debido á situación que estamos vivindo resulta complexo ter a oportunidade de expoñer ante o resto dos compañeiros e a profesora, por iso mesmo, a opción que temos é a elaboración de un video a modo de presentación dos resultados que obtivemos ao largo de este curso con relación a este proxecto no que tanto interés creemos que puxemos. 
Para esto, temos como data límite ata o 5 de xuño, a pesar de iso queremos rematar o antes posible para dispoñer de tempo suficiente por si temos que realizar algún tipo de modificación.
Por iso mesmo, esperemos que nos próximos días, ou para a próxima semana, poidamos dar cara a este proxecto e nos poidades coñecer mellor.

ELEPÉ ZERO PLÁSTICO.