xoves, 27 de febreiro de 2020

PRESENTACIÓN CHARLA 28/02/2020

Mañá realizaremos a nosa primeira charla no CPI Progreso de Catoira para os alumnos de 4º de primaria. A continuación enseñámosvos a presentación que vamos a empregar.

xoves, 13 de febreiro de 2020

RESULTADO DA ACTIVIDADE ''CREACIÓN DE BIOPLÁSTICO''

O resultado que obtivemos na actividade da semana pasado foi o seguinte. A textura é moi parecida a unha silicona fina, moi maleable a pesar de que a causa da finura pode romper con facilidade.
 
 


xoves, 6 de febreiro de 2020

FABRICACIÓN DE BIOPLÁSTICOS.

 A actividade que fixemos o día de hoxe en ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS trátase da creación que vos anunciamos a semana pasada, bioplásticos.
Colorantes de cociña, culler e espátula.
Maizena, vinagre e auga destilada
Unha vez mezclados todos os ingredientes nun vaso de precipitados e remover coa axuda dunha variña de cristal, dividimos a masa resultante en dous vasos de precipitados e adicionamos colorante (unhas gotas). A continuación, como se amosa na seguinte foto, colocamos os vasos a quentar na placa calefactora ata que se forme unha masa espesa.

Masa en placa calefactora.

 O seguinte paso consistiu en expandir nunha base de cristal a masa.


Masa expandida.
Deixamos secar unha semana. O resultado terémolo próximamente no blog e demais redes sociais.