![Resultado de imagen de bioplasticos](https://www.utec.edu.pe/sites/default/files//styles/blog_full/public/marketing-bioplastique_0.jpg)
Para a elaboración precisamos os seguintes materiais:
- Culler
- Vaso de precipitados
- Variña de vidro
- Cristalizador
- Placa para quentar
Por outra banda, os productos son os seguintes:
- Maizena
- Glicerina
- Vinagre
- Colorante
- Auga
O proceso que seguiremos consiste en coller dúas culleradas de maizena e botalas nun vaso de precipitados. Engadimos unha cullerada de vinagre enriba da fariña e axitar cunha variña de vidro.
Adicionamos agora unha cullerada de glicerina e remóvese coa variña de vidro. A
glicerina actúa como lubricante a nivel molecular para que o plástico sexa maleable:
canto mais maleable queiramos que sexa, mais glicerina se debe engadir.
Engadimos oito culleradas de auga destilada e continuar removendo a mestura.
Agregamos unhas gotas de colorante para darlle a cor desexada ó noso bioplástico.
Quéntase a mestura nunha placa para quentar ata que empece a espesar e bótase,
extendéndoa, no cristalizador.
Esperar a que arrefríe.
Mostrarémosvos o resulta na vindeira semana!