xoves, 28 de novembro de 2019

FLYER








Dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS faremos unha pequena presentación o próximo xoves, día 5 de decembro, no CIFP Politécnico de Santiago para os nosos compañeiros. Tal día repartiremos os flyers do noso proxecto.


RECORDA: MENOS PLÁSTICOS, MÁIS VIDA.

sábado, 2 de novembro de 2019

COÑECES O PLÁSTICO REALMENTE? INFORMACIÓN SOBRE O BPA.

BPA, son as siglas que fan referencia ao bisfenol A, dende ELEPÉ, queremos contarvos a  información que obtuvemos sobre este tema para concienciar, cómo algo tan simple, realmente nos pode chegar a afectar no noso día a día.

Resultado de imagen de bpa
O BPA é un producto químico industrial que se emprega para a fabricación de algúns plásticos dende a década de 1960. Atópase en plásticos de policarbonato e resinas epoxi.

Este tipo de plásticos empréganse a miúdo en recipientes que almacenan comida alimentos e bebidas, como por exeplo, as botellas de auga.

As resinas epoxi utilízanse para recubrir o interior de produtos metálicos, como latas de comida, tapas de botellas e condutos de subministración de auga. Algúns selladores dentais e compostos tamén poden conter BPA. Investigacións demostraron que o BPA pode filtrarse nos alimentos ou nas bebidas dos envases que se fabrican con BPA. A exposición ao BPA é unha preocupación debido aos posibles efectos do BPA sobre a saúde do cerebro e a próstata de fetos, bebés e nenos. Tamén pode afectar o comportamento dos nenos.

Máis do 90% de nós temos BPA nos nosos corpos, A migración de BPA aos alimentos depende de multitude de factores. Entre eles:

  1. O tipo de plástico
  2. O tempo de contacto (a maior tempo, maior migración)
  3. A temperatura (a maior temperatura, maior migración)
  4. O pH (a migración é maior en bebidas carbonatadas e alimentos acedos como a salsa de tomate ou zumes de cítricos ou sexa, de pH < 7)
  5. A degradación do plástico
  6. O tipo de alimento

Entre os efectos adversos cabe destacar:

  • Cambios no comportamento. Hiperactividade, agresividade
  • Diabetes e obesidade
  • Puberdade anticipada
  • Redución da cantidade de esperma
  • Cancro de próstata
  • Cancro de mama
  • Dano cerebral
  • Deterioración da función inmune
  • Diminución dos niveis de antioxidantes encimáticos

Segundo a normativa actualmente vixente, o uso do BPA non está prohibido, e descoñécese o límite exacto da súa toxicidade.
A continuación, compartimos un vídeo subido a Youtube por John Galeon con moita máis información sobre esta problemática MOI POUCO VISIBLE.


Unha das cousas que podemos facer é comprar productos que sexa BPA free, isto significa que a elaboración de dito producto está libre de Bisfenol A, polo que o risco é inexistente. Este tipo de productos son totalmente recoñecibles grazas os diferntes logos que podemos atopar.
                             


Pero, a opción más intelixente é decir NON aos plásticos.
Imagen relacionada