venres, 29 de maio de 2020

Novos estilos de vida, novos residuos.

Desde fai máis e 2 meses estamos vivindo unha situación que alterou a vida de todas as persoas, isto marcará un antes e un despois sin duda, no noso estilo de vida, por iso mesmo, temos que saber cómo xestionar os novos residuos que se atopan en pleno auge, máscaras, guantes, entre outros.

Agora que temos máis tempo para dedicarlle a todas esas cousas que retrasamos, estaría ben facer uso da conciencia ambiental e comezar a actuar para facer pequenos cambios no noso día a día, e sobre todo naquelas casas dónde viven nenos, xa que suelen adoptar comportamentos que ven no seu día a día.

Por outra banda, naqueles domicilios nos que residen persoas positivas en Covid-19, poden ter un dilema, que facer cos residuos que xeran? Pois ben, según as recomendacións do Ministerio de Sanidade, os residuos xerados no fogar, así como os guantes, máscaras, etc, teñen que ser depositados en unha bolsa sin realizar ningún tipo de reciclaxe. Esta bolsa deberá ser depositada no contedor de fracción resto, ou en calquer outro sistema de recollida establecido na entidade local  para optimizar a labor nas plantas de tratamento.

Con este novo estilo de vida no cal estamos, ou deberíamos estar, acompañados dos EPI's señalados, chega unha nova problemática para o noso medio ambiente, cando esta situación parecía darlle un respiro ao planeta, aparecen no mar infinidade de guantes e máscaras. 

No noso día a día non é raro atopar estos materiais tirados polas rúas, e isto non só é un foco de contaxio, tamén acaba coa natureza.

Agora máis que nunca temos que actuar.

ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS.

xoves, 21 de maio de 2020

AVANCES.

Esta semana rematamos o informe do proxecto, oficialmente. A tarefa que comezamos dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS no día de hoxe é comezar a realizar e montar o vídeo donde presentaremos o noso proxecto.

A continuación deixámosvos unha pequena pista do que poderedes ver nos próximos días.
 

Por outro lado, queremos facer un pequeno recordatorio; sabemos e somo conscientes da situación pola que estamos vivindo a causa do covid-19, son moitos días encerrados na casa, sin poder ter a liberdade que tiñamos e que nalgúns casos, non nos decatábamos dos pequenos praceres, a pesar de todo iso, temos que seguir loitando e ser partícipes na medida do posible para que esta situación se solvente canto antes. #NOSQUEDAMOSNACASA e esperamos que vos tamén.

xoves, 14 de maio de 2020

Actualización do informe do proxecto.

Actualmente o noso informe de proxecto final está practicamente rematado, estamos á espera de unha última revisión por si temos que efectuar algún cambio.
A tarefa de hoxe é a repartición dos diferentes puntos que vamos a expoñer no noso video. Debido á situación que estamos vivindo resulta complexo ter a oportunidade de expoñer ante o resto dos compañeiros e a profesora, por iso mesmo, a opción que temos é a elaboración de un video a modo de presentación dos resultados que obtivemos ao largo de este curso con relación a este proxecto no que tanto interés creemos que puxemos. 
Para esto, temos como data límite ata o 5 de xuño, a pesar de iso queremos rematar o antes posible para dispoñer de tempo suficiente por si temos que realizar algún tipo de modificación.
Por iso mesmo, esperemos que nos próximos días, ou para a próxima semana, poidamos dar cara a este proxecto e nos poidades coñecer mellor.

ELEPÉ ZERO PLÁSTICO. 

luns, 27 de abril de 2020

SEGUIMENTO DO PROXECTO, PRINCIPAIS IMPACTOS DO PLÁSTICO.

Profundizando no noso proxecto, quixemos expoñer un tema que nunca tocaramos anteriormente, o impacto real que ten o plástico, concretamente en tres ámbitos:
  • Impacto Ambiental
  • Impacto na Saúde
  • Impacto económico.
Impactos sobre o ambiente:
  • Contaminan o chan e a auga. No chan afectan as características da textura e poden transferir substancias tóxicas e metais pesados.
  • Na auga, cobren a superficie e afectan a transferencia do osíxeno que por difusión do medio aéreo ingresa á auga e, ademais, cobren a súa superficie diminuíndo o proceso de  fotosíntesis.
  • Conxestionan as vías fluviais e intensifican os desastres naturais.
  • Estímase que para o ano 2050, un 99% das aves mariñas haberán inxerido plásticos.
  • Perdas na estética da auga e chan.
Impactos na Saúde:
  • Obstrúen as redes de rede de sumidoiros e convértense en lugares de cría para mosquitos, elevando o risco de transmisión de malaria e similares.
  • Liberan substancias químicas tóxicas e emisións se son incinerados, especialmente  dioxinas e  furanos que son potentes axentes canceríxenos.
  • O poliestireno contén substancias químicas como o  estireno e o  benceno que son altamente tóxicas e canceríxenas. Se se inxere, dana o sistema nervioso, os pulmóns e o aparello reprodutor. As toxinas presentes nos  poliestirenos poden ingresar nos alimentos e as bebidas
  • Contaminación da cadea alimenticia.

Impactos económicos:
  • Causan perdas económicas nas industrias de turismo, pesca e transporte marítimo.
  • Altos custos de transporte ata as plantas centralizadas de plástico espumado lixeiro debido á dificultade de reciclalos nas plantas locais.
  • Custos futuros de limpeza de residuos plásticos acumulados no medio.
  • Obstrución de canles, sistemas de rega e rede de sumidoiros, xerando custos de limpeza e mantemento.
Descubre lo que una evaluación de impacto puede hacer por tu compañía

xoves, 16 de abril de 2020

EDUCACIÓN AMBIENTAL.

Para o noso proxecto, un dos términos máis importantes é a educación ambiental.
A educación ambiental é un proceso que nos permite indagar sobre temáticas ambientais, involucrarnos na resolución de problemas e tomar medidas para mellorar o medio ambiente. Como resultado, alcanzamos un entendemento máis profundo das temáticas ambientais.
Os compoñentes da educación ambiental son:
  • Conciencia e sensibilidade ante o ambiente e os desafíos ambientais.
  • Coñecemento e entendemento do ambiente e os desafíos ambientais.
  • Actitudes de preocupación polo ambiente e de motivación por mellorar ou manter a calidade ambiental.
  • Habilidades para identificar e contribuír a resolver os desafíos ambientais.
  • Participación en actividades que contribúan a resolver os desafíos ambientais.
De este termo e moitos outros como a sensibilización, falamos no noso informe de proxecto que con sorte, poderemos expoñer en clase, por ahora, #NOSQUEDAMOSNACASA.



martes, 7 de abril de 2020

AVANCES no informe do proxecto.

Como xa informamos anteriormente, a nosa tarefa este trimestre consiste na elaboración do informe e as actividades da nosa empresa, ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS.

A día de hoxe temos bastante avanzado, debatimos os temas que queríamos expoñer en él, buscamos a información que necesitamos e explicamos varios conceptos determinantes para a nosa función, como son por exemplo a educación ambiental, a sensibilización e a concenciación, que como xa sabedes, son fundamentais para a nosa empresa.

Seguiremos informando.

#NOSQUEDAMOSNACASA
Educación Ambiental – Museo de Educación Ambiental del ...

xoves, 26 de marzo de 2020

Informe do proxecto.

Tras o acontecido nas últimas semanas, as actividades prácticas que realizamos en ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS quedan totalmente paralizadas. A pesar de non poder seguir coa parte práctica, vamos a comezar a realizar o informe.
En dito informe quedará recollido dende o comezo ata a actualidade do noso proxecto, iremos publicando os avances que vamos levando a cabo.
Recordade, #NOSQUEDAMOSNACASA
Resultado de imagen de PLASTICO TU,BLR