xoves, 26 de marzo de 2020

Informe do proxecto.

Tras o acontecido nas últimas semanas, as actividades prácticas que realizamos en ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS quedan totalmente paralizadas. A pesar de non poder seguir coa parte práctica, vamos a comezar a realizar o informe.
En dito informe quedará recollido dende o comezo ata a actualidade do noso proxecto, iremos publicando os avances que vamos levando a cabo.
Recordade, #NOSQUEDAMOSNACASA
Resultado de imagen de PLASTICO TU,BLR

martes, 24 de marzo de 2020

#NOSQUEDAMOSNACASA


MANUALIDADES.

Tras o estado de alarma que estamos sufrindo pola pandemia causada polo Covid-19 queremos compartivos un video que vai direxido sobre todo para os peques da casa.
Dito video consiste en unhas  manualidades moi fáciles de elaborar con materiais plásticos que podemos ter pola casa. Sabemos que estar encerrados na casa día sí e día tamén pode minar os ánimos a calquera e canto máis entretidos esteamos, mellor.


Por outra parte, dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICO creemos convinte concienciar sobre a importancia e a gravidade do asunto, por iso mesmo, cada un de nos temos que sumarnos á responsabilidade para que esta situación remate o antes posible, #NOSQUEDAMOSNACASA.

Resultado de imagen de covid 19

xoves, 12 de marzo de 2020

DESCOMPOSICIÓN DE UN BIOPLÁSTICO.

A biodegradación é  a capacidade dun material de ser  biodegradado, é un proceso natural no que un material por acción biolóxica, cambia e en xeral perde as súas propiedades orixinais e a nivel químico as moléculas que o conforma convértense en formas máis simples e estables.
Dende ELEPÉ ZERO PLÁSTICOS fixemos a proba a semana pasada sobre canto tardaban os bioplásticos que creamos en auga, o resultado que obtivemos foi un tempo de 20 minutos aproximadamente tanto en auga quente como a temperatura ambiental. Entonces, o balance final é positivo.


Resultado de imagen de biodegradacion

xoves, 5 de marzo de 2020

CHARLA NO CPI PROGRESO DE CATOIRA.


O pasado venres, día 28 de febreiro estivemos cos nenos e nenas de cuarto de primaria do CPI Progreso de Catoira. Relizamos unha pequena presentación sobre os plásticos e os bioplásticos ( a presentación está colgada na anterior entrada). Dividimos a clase en dous grupos e cada un deles elaborou o seu propio bioplástico. 

Agradecer ao CPI e aos nenos e nenas de cuarto pola súa colaboración e o bo trato recibido.